INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2025/26

 Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas.

Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar.


GUÍA DE USO DO COMEDOR

As normas e procedementos que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. Recomendamos encarecidamente a tódolas familias lean detidamente estas normas.

Guía de Uso e Procedemento do Comedor


NORMAS DE FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA

Aproveitamos a ocasión para recordarvos as normas de funcionamento e convivencia que rixen as actividades complementarias da escola e que son de obrigado cumprimento para todos os alumnos e alumnas usuarias do servizo de comedor. Por favor, poñede especial atención ás medidas recollidas no documento que se atopa na seguinte ligazón, en especial ás medidas correctoras en caso de condutas contrarias á convivencia.


Normas de funcionamento e convivencia


No caso de alumnos que precisen facer uso do Comedor de forma esporádica en días soltos ou ben precisen incorporarse ao servizo unha vez comezado o curso, sexan alumnos novos ou non, deberán seguir o procedemento descrito na Guía de Uso do comedor para poder inscribirse neste servizo. 


LIGAZÓN PARA A INSCRICIÓN NO COMEDOR

Para acceder ao formulario de inscrición é preciso clikar na seguinte ligazón:


 Fai clic aquí

É preciso cubrir un formulario por cada neno que se vaia a preinscribir. Non é posible facer un só formulario para dous irmáns, por exemplo. Non se aceptan inscricións que non sexan a través deste formulario online, é dicir, non se aceptan formularios por escrito ou por email.

Este formulario pecharáse trala finalización do prazo de inscrición, o 30 de xuño. As familias que desexen inscribir alumnos en prazos posteriores a esa data, deberán esperar ata setembro, xa que a ANPA cesa as súas actividades de forma temporal durante xullo e agosto polo período estival. 

Formulario de inscrición

É preciso cubrir un formulario por cada neno. Non se aceptan inscricións fóra de prazo.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a túa experiencia. Consulta a nosa Política de Privacidade para máis información.